| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
PORTO DE SADA
| 7 agosto 2010 |
| 7 agosto 2010 |
|
|


Sada
é un municipio galego, na provincia da Coruña (España). Situado nas Rías Altas,
dentro da ría de Betanzos, dista uns 20 km da capital da provincia. É un pobo
costeiro, coa pesca e o turismo como industrias principais. A cidade de Sada
vese favorecida por un clima atlántico. Posúe polo tanto todas a características
propias da costa noroeste galega: suavidade de temperaturas e pouca oscilación
térmica, ao que se suma a agradable temperatura media das augas da ría de
Betanzos, permitindo a práctica de diversas actividade náuticas (vea, mergullo,
pesca...) durante todo o ano.
Con 27,26 km² de extensión repartidos en oito parroquias, o municipio de Sada
componse de: Carnoedo, Veigue, Meirás, Mondego, Mosteirón, Osedo, Soñeiro e Sada.
Segundo datos do INE de 2005 a poboación é de 12.867 habitantes, o que fai de
Sada un municipio densamente poboado.
As súas resgardadas praias son moi aptas para o baño, a pesca e o submarinismo,
sendo moi coñecidas pola zona, como Arnela, Cirro e San Pedro e a súa
proximidade á Coruña (18 Km) e Betanzos (10 Km) fan dela un lugar privilexiado.
Accédese á cidade a través de diferentes estradas: a Nacional VIN de Madrid á
Coruña toca estas terras co punto quilométrico 581, no lugar chamado Espírito
Santo. Desde A Coruña chégase directamente pola LC-174 cun percorrido total de
18 km. Unha estrada con diversas denominacións arrinca en Perillo (LC-173) e
percorre todo o contorno da península das Mariñas, pasa por Sada (LC-162) e
continúa para empalmar na Angustia coa N-VIN na proximidades de Betanzos. Por el
aproximámonos á entrada da autoestrada A-9, da Coruña a Santiago, en Santa Marta
de Babío.
