| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
PORTO DE MUGARDOS




O que hoxe é Mugardos está situado no chamado antigamente Sinus Artabrorum, coñecido actualmente como Golfo Ártabro. Neste territorio atópase a península de Bezoucos cunha superficie aproximada de 52 km² e que foi habitada desde a prehistoria, contando con achados e hábitats dende as épocas máis antigas da humanidade. Esta circunstancia marca a riqueza deste territorio, que continuará en época romana con novos tipos de asentamentos. A presenza romana en Mugardos, ó igual que no resto do Golfo Ártabro, foi importantísima. Na actualidade toda a costa mugardesa está ateigada de restos de estruturas romanas.
24, 25 e 26 de xullo [Beiramar, O Seixo (Santiago Apóstolo de Franza - O Seixo)]
O 24 realízase unha grande queimada, o 25 é o día grande das Festas e o 26 celébrase Santa Ana.
Dentro das Festas de Beiramar [Beiramar, O Seixo (Santiago Apóstolo de Franza - O Seixo)
Comida campestre e concurso de cabanas, onde gañará a máis "pachangueira".
ROTAS- O SEIXO

Saída da Casa do Reloxo no peirao de Mugardos, próximo ao punto de atraque da Lancha que fai o percorrido de Mugardos a Ferrol. Percórrese o paseo dirección Cantón de Cora desde onde se ascende a AV. de Galiza cara o lugar do Penedo pola estrada do Seixo. Séguese esta estrada paralela á ría até chegar ao Seixo, pobo pequeno e fermoso que conta cun embarcadoiro e unha arquitectura mariñeira propia da zona.
Deste lugar continuamos cara a igrexa de Franza e continuamos cara a estrada L-122 que cruzamos cara a capela da Ascensión xa na Parroquia de San Xoán de Piñeiro.Neste tramo existen numerosas arboredas que fan moi agradábel o paseo no verán. Desde este lugar dirixímonos cara Seselle e aos 300 m. tomamos a estrada de servizo paralela á vía rápida de Mugardos–Fene que nos deixa na rotonda de Franza desde a que imos á igrexa de San Vitorio. Chegado a este punto dirixímonos aos lugares de Rilo, Areosa e os Casás para descender á igrexa se San Vicente de Meá e volver ao peirao de Mugardos pola rúa Contramaestre Casado pasando polas Casas Baratas o Campo dos Carneiros e baixada á Casa do Reloxo.
Este percorrido acada os 12208,05 Km.