VOLVER A PAGINA PRINCIPAL

PORTO DE BARES

 

O porto de Bares atópase na ría do Barqueiro, xusto no límite entre as provincias de Lugo e A Coruña. O dique que posúe este porto é de gran interese arqueolóxico posto que está construído sobre un peirao do século VII a.C, probablemente da época fenicia, o que nos dá unha idea da gran importancia estratéxica deste porto. Ademais, nas súas proximidades, atopáronse restos dunha necrópole romana.

 

 

Dentro do concello de Mañón localízase un deses lugares, non só de Galicia, senón do Mundo, onde aínda perviven as pedras dunha obra de enxeñería tan grande coma antiga. O porto de Bares posúe unha excepcional importancia arqueolóxica, pois, esparéxese un dique fenicio que data do século VII a.C. A producción mineral das Pontes tiña a súa saída ó mar pola conca do Sor e polo camiño alto da Faladoira. Por ámbalas dúas rotas dirixíanse os mercaderes ó Barqueiro e a Bares, e alí entraban en contacto cos comerciantes procedentes do Mediterráneo.

 

Free counter and web stats