| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
TORRE DE HERCULES


La Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no século II d.C. (durante o mandato dos emperadores romanos Trajano e Adriano). Segundo indica a inscrición ao pé da torre e as referencias documentais que sobre a cidade de Brigantium (A Coruña) revelan a existencia dun faro da época de Trajano. Asímismo, historiadores identificaron a torre como o lugar onde puido haber estado situada a Torre de Breogán, unha torre mitológica que aparece entre outros, no ciclo mitológico irlandés, (máis concretamente no Leabhar Ghabhála Érenn), e desde a que Ith, fillo de Breogán, avistaría as costas de Irlanda. Esta sospeita vén acrecentada polo topónimo Brigantium, que é altamente posible que derive de Breogán, e ten sustento na tradición dos romanos á hora de identificar aos seus propios Deuses ou Heroes, neste caso Hércules, cos autóctonos. A torre perdeu, posiblemente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao converterse en fortificación.
Será no século XVII (1682) cando o Duque de Uceda encargue a restauración
arquitectónica ao arquitecto Amaro Antune, que construíu unha escaleira de
madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior onde se sitúan dúas
pequenas torres para soportar os fanales. No reinado de Carlos IV de España
realízase a reconstrución completa. A obra neoclásica termínase en 1791 baixo a
dirección de Eustaquio Giannini.
A torre era, antes de comezar a reforma, un corpo prismático con base cadrada;
no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e
fiestras asimétricas que a percorrían ata o piso superior, e unha mordente
helicoidal que chegaba ata a parte superior. No seu interior conservaba a vella
estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración
de edificio, harmonizándoa na súa decoración con marcos superiores de portas e
fiestras.
A mitoloxía di que «houbo un xigante chamado Gerión, rei de Brigantium, que obrigaba aos seus súdbitos a entregarlle a metade dos seus bens, incluíndo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules que retou a Gerión nunha gran pelexa. Hércules derrotou a Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun gran facho. Preto deste túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada Cruña, Hércules puxo á cidade este nome